As mulleres na Filosofía

As mulleres na Filosofía

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526488
Ano de edición:
Materia
FILOSOF?A
ISBN:
978-84-96526-48-8
Páxinas:
136
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Baía Ensaio

Desconto:

-5%

Antes:

16,55 €

Despois:

15,72 €
IVE incluído
Comprar

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre  as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon  ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a  partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.
 
 
 
 Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente  o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.

Materia en Librería Pelayo

Baia en Librería Pelayo

  • As divindades menores -5%
    Titulo del libro
    As divindades menores
    De Cal Cortina, Matilde
    Baia
    Segundo dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os TitÃ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    3,74 €3,55 €

  • Denebola a roxa -5%
    Titulo del libro
    Denebola a roxa
    Nº 29
    Cajaraville, Hector
    Baia
    O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu...
    No disponible

    13,25 €12,59 €

  • Tratado da constitución europea: visións desde Galicia -5%
    Titulo del libro
    Tratado da constitución europea: visións desde Galicia
    AA.VV
    Baia
    Xunto ao texto íntegro do Tratado e unha introdución técnica, este ensaio acompáñase coa posición das org...
    No disponible

    15,00 €14,25 €

  • Os heroes -5%
    Titulo del libro
    Os heroes
    De Cal Cortina, Matilde
    Baia
    O último dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os he...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    3,74 €3,55 €

  • O zombi -5%
    Titulo del libro
    O zombi
    Lluch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible

    6,75 €6,41 €