A viaxe de gagarín

A viaxe de gagarín

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499146683
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-668-3
Páxinas:
280
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

20,95 €

Despois:

19,90 €
IVE incluído
Comprar

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos  e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia.
 Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón  e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. 
 Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.

Outros libros do autor en Librería Pelayo

Materia en Librería Pelayo

Xerais en Librería Pelayo

  • COCINA GALLEGA TRADICIONAL -5%
    Titulo del libro
    COCINA GALLEGA TRADICIONAL
    Felpeto Lagoa, Matilde
    Xerais
    Las recetas recogidas en " Cocina gallega tradicional " pertenecen al legado culinario de Galicia. En...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    28,95 €27,50 €

  • 10.000 millas de andar na bici -5%
    Titulo del libro
    10.000 millas de andar na bici
    Cid, Xabier
    Xerais
    Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

  • As aventuras de Arthur Gordon Pym -5%
    Titulo del libro
    As aventuras de Arthur Gordon Pym
    Poe, Edgar Allan
    Xerais
    As aventuras de Arthur Gordon Pym é unha novela que non dá respiro: somerxe o lector nun naufraxio anunciado ...
    No disponible

    12,15 €11,54 €

  • Incertos -5%
    Titulo del libro
    Incertos
    López Dobao, Xosé Antón
    Xerais
    Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é  predicible. Son trece historias nas q...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • PREMIO 2017 DE RELATO, POESÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO -5%
    Titulo del libro
    PREMIO 2017 DE RELATO, POESÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO
    AA.VV
    Xerais
    RELATO CURTO " Misións " [Lidia Dosil Tajes] " Contacontos cotiáns " [Xosé Sobral A...
    No disponible

    12,00 €11,40 €