Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

32,10 €

Despues:

30,50 €
IVA incluido

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais en Librería Pelayo

  • O fantasma da ópera -5%
    Titulo del libro
    O fantasma da ópera
    Leroux, Gaston
    Xerais
    Levada ó cine en diversas ocasións, a novela O fantasma da Opera combina maxistralmente o relato policial e a...
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • RECAMBIO DIETARIO 2013 -5%
    Titulo del libro
    RECAMBIO DIETARIO 2013
     
    Xerais
    No disponible

    9,80 €9,31 €

  • Silencio, parodia e subversión -5%
    Titulo del libro
    Silencio, parodia e subversión
    González Millán, Xoán
    Xerais
    ¿Existe unha æ'literatura periférica''? ¿Referida a que? ¿Cómo se contempla a narrativa galega do noso te...
    No disponible

    11,70 €11,12 €

  • SEN PIEDADE -5%
    Titulo del libro
    SEN PIEDADE
    Feijoo, Pedro
    Xerais
    Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora  o único que importa é que Gordo er...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €18,00 €

  • (03).FILOSOFIA 2º.BACHARELATO -5%
    Titulo del libro
    (03).FILOSOFIA 2º.BACHARELATO
    Currais Porrúa, Xoán
    Xerais
    No disponible

    31,00 €29,45 €